A Xunta desinfecta o exterior de 57 residencias de maiores e discapacitados e centros de saúde do Barbanza

12 Abril 2020

Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do
Coronaviros, 57 actuacións de desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde en Lousame por ser un concello de menos de 5.000 habitantes.
Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en 6 ocasións para limpar e desinfectar o centro de saúde de Lousame desde o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio. No ámbito provincial, os axentes e bombeiros forestais realizaron 344 actuacións
en 45 concellos.
Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias ao efecto. Tamén dispoñen da maquinaria e os produtos precisos para efectuar as desinfeccións. Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención.
En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.



Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.