Exipto celebra a súa romaría os días 1, 2 e 3 de agosto

24 Xullo 2025

O Concello de Boiro colabora coa Comisión de Festas de Exipto nunha nova edición da súa tradicional romaría que se recuperou no ano 2024. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este xoves 24 de xullo na presentación do programa xunto con Rita Rodríguez, presidenta, e outros membros da comisión.

As actividades comezan o venres día 1 de agosto coa subida dos santos da Igrexa de Abanqueiro á Capela de Exipto e unha misa ás 20.30 horas. A partir das 21 horas terá lugar o festival O Retumbar da Telleira que inclúe o espectáculo infantil Ghop de Teatro ao Cubo; concerto de King Sapo; concerto de Triángulo de Amor Bizarro; e sesión con Curi e Soundivan.

O sábado o programa comezará coas alboradas a cargo de Ar de Loureda e Arume, un mercado ecolóxico na contorna da capela de Exipto e animación infantil. Ás 12.00 horas misa na honra de San Antonio e sesión vermú e sardiñada amenizada por Duendeneta e Paparota Hardcore. Pola tarde torneo de birlos e pachanga do 40 aniversario do Abanqueiro e, pola noite, verbena con grupo Atenas e Duendeneta.

O domingo haberá alborada con O Ar de Loureda, Arume e Garandoiro, misas na honra da Virxe de Exipto ás 9, 10, 11 e 12 horas, cando sairá a procesión. Sesión vermú con La Mosca Valiente e romaría amenizada por O Ar de Loureda e Home Orquestra con xogos populares e, pola noite, fin de festa co concerto de Ajencia Trivutaria e Cabina Mobil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.