Olalla Mera (Adecco): “O Barbanza conta cun tecido produtivo moi relevante e nós queremos dar cobertura e apoio ás empresas locais”

24 Xullo 2025

Adecco, a división do Grupo Adecco especializada en flexibilidade e talento, desembarcou este mes de xuño no Barbanza cun dobre obxectivo: xerar emprego na zona e converterse nun socio estratéxico para as empresas locais e os profesionais da zona. Fíxoo coa apertura dunha nova oficina en Boiro e o lanzamento dunha oferta para incorporar a máis de 300 operarios/as na industria conserveira. Neste medio quixemos saber máis detalles da nova andaina de Adecco no Barbanza e Olalla Mera, directora de Servizo da empresa en Galicia, achegounos a información requirida.

-Por que decidiu Adecco abrir unha oficina en Boiro e apostar pola comarca do Barbanza?

–A apertura da nosa nova oficina en Boiro responde á clara vontade de Adecco de seguir acompañando o crecemento económico e social da comarca achegando os nosos servizos a aquelas zonas cun importante dinamismo empresarial e unha crecente demanda de talento. A comarca do Barbanza conta cun tecido industrial e produtivo moi relevante, con sectores estratéxicos como a industria conserveira e alimentaria e os servizos vinculados ao turismo, que xeran unha alta demanda de perfís profesionais.

Desde Adecco identificamos unha oportunidade clara para dar cobertura e apoio ás empresas locais que requiren solucións áxiles e especializadas en materia de recursos humanos, tanto para a contratación temporal como para a selección directa. Apostar por Boiro é tamén unha forma de reforzar o noso compromiso co territorio, ofrecendo máis proximidade tanto ás empresas como ás persoas que buscan emprego, contribuíndo así ao desenvolvemento económico e á xeración de oportunidades laborais na comarca.

-Que tipo de perfís estades a buscar actualmente e que requisitos deben cumprir os candidatos?

–Os perfís máis demandados están directamente relacionados co motor económico da zona, principalmente o sector alimentación, tanto a conserva como o procesado de produto conxelado. Sendo así, buscamos perfís para o manipulado, limpeza, procesado e empacado do marisco e peixe. É un sector cun alto estándar de calidade pero onde hai cabida para calquera tipo de persoa, que sen ter coñecementos previos nin ser necesaria experiencia, poden incorporarse ao mercado laboral en empresas referentes e ter así a oportunidade de profesionalizarse.

Tamén buscamos outros perfís como persoal auxiliar e técnico, tanto para o mantemento preventivo e correctivo da maquinaria de fabricación como persoal de almacén e loxística para a industria, carretilleros/as, mozos/á almacén, auxiliares…etc

-Como contribúe esta iniciativa á dinamización económica da comarca?

–A apertura da nova oficina de Adecco en Boiro supón un impulso directo á dinamización económica da comarca do Barbanza. Por unha banda, poñemos ao alcance das empresas locais un socio estratéxico especializado na xestión de talento, que lles permitirá responder de maneira máis áxil e eficiente ás súas necesidades de contratación e desenvolvemento de persoal. Isto favorecerá a continuidade e o medre dos seus proxectos empresariais, especialmente en sectores clave como a industria alimentaria, a loxística e os servizos.

Doutra banda, a nosa presenza física na zona permitiranos achegar o emprego ás persoas, facilitando o acceso a novas oportunidades laborais a través de procesos de selección máis próximos, rápidos e personalizados. Ademais, contribuímos a reducir a brecha entre oferta e demanda de emprego, activando o mercado laboral local e fomentando a empregabilidade dos perfís máis demandados.

En definitiva, esta iniciativa reforza o noso compromiso de xerar un impacto social positivo, axudando tanto a empresas como a persoas a alcanzar o seu máximo potencial no mercado laboral da comarca.

-Que beneficios achega ás empresas locais contar cun socio como Adecco?

–Contar con Adecco como socio estratéxico na xestión de recursos humanos achega ás empresas locais unha serie de beneficios clave que impactan directamente na súa competitividade e capacidade de adaptación ao mercado.

En primeiro lugar, ofrecemos flexibilidade na xestión de persoais, o que permite ás organizacións responder de maneira áxil aos picos de produción, á estacionalidade ou a proxectos puntuais, axustando a súa estrutura de persoal segundo as necesidades do negocio.

En segundo lugar, garantimos o cumprimento estrito da normativa laboral vixente, o que proporciona aos nosos clientes a seguridade xurídica necesaria e a tranquilidade de estar apoiados por un partner cunha longa traxectoria e experiencia no sector.

Ademais, poñemos ao dispor das empresas unha ampla base de talento local, grazas aos nosos procesos de selección especializados e á nosa capacidade para identificar, capacitar e atraer candidatos que encaixan tanto a nivel técnico como competencial.

Por último, ofrecemos solucións de desenvolvemento de talento contribuíndo así a mellorar a eficiencia operativa e o desenvolvemento do capital humano das compañías da comarca.

-Que retos presenta o mercado laboral en Barbanza e como os afronta Adecco?

–O mercado laboral na comarca do Barbanza presenta retos importantes como a escaseza de perfís cualificados, o envellecemento da poboación activa, a remuda xeracional, a elevada rotación en sectores considerados básicos e a crecente necesidade de formación adaptada ás novas demandas do mercado.

Desde Adecco, afrontamos estes desafíos ofrecendo solucións flexibles de contratación, programas de formación orientados á empregabilidade e unha estreita colaboración co tecido empresarial e as institucións locais. O noso obxectivo é facilitar ás empresas o acceso ao talento necesario para o seu crecemento e, ao mesmo tempo, xerar máis e mellores oportunidades laborais para a poboación da comarca.

-Como poden inscribirse as persoas interesadas nestas vacantes?

–As persoas que estean interesadas poden inscribirse nas nosas ofertas nos links activos de operarias/os de produción para a industria conserveira, de carretilleira/o e máis de operaria/o de fábrica, pero tamén estaremos encantadas de que nos visiten na nosa oficina na rúa Robustiano Pérez do Río, 22, 15930 Boiro de Arriba, A Coruña ou chamándonos directamente ao 881 23 01 60.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.