Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel da súa 53ª edición

14 Xullo 2025

Curtas Festival do Imaxinario, o festival de cinema fantástico e de terror de Galicia, con sede en Vilagarcía, presentou o cartel da súa 53ª edición. A imaxe, creada un ano máis polo artista arxentino Flavio Greco, mostra aos “Profundos”, criaturas anfibias e terroríficas creadas polo mestre do terror cósmico H.P. Lovecraft, nunha invocación oficiada por un Cthulhu humanoide para abrir un portal ao noso mundo, e deixar paso a abominacións que axexan máis aló do tempo e o espazo.

A 53ª edición: un tributo aos monstros

Segundo confirmou a organización do certame, “a 53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario estará dedicada aos monstros, criaturas que fascinaron e aterrorizaron ás audiencias durante séculos”. Nesta edición, o festival explorará “a rica historia e a diversidade destas criaturas no cinema, desde os clásicos monstros da Universal ou os zombis apocalípticos de George A. Romero, ás súas representacións máis actuais e a súa evolución no cinema de superheroes, onde criaturas que antes eran temidas convertéronse agora en heroes e antiheroes complexos”.

A programación do festival incluirá películas, exposicións e actividades que celebrarán a figura do monstro en todas as súas formas e manifestacións.

Sobre o Festival do Imaxinario

Curtas Festival do Imaxinario é un festival de cinema fantástico e de terror que se celebra anualmente en Vilagarcía de Arousa, e foi elixido como un dos 90 mellores festivais de xénero do mundo por Dread Central, o medio líder no xénero de terror. Con máis de 50 anos de historia, é o festival de cinema decano de Galicia e a maior celebración do xénero no noroeste peninsular. “O seu recoñecemento internacional e o seu compromiso coa promoción do cinema fantástico e de terror convérteno nun evento clave para os amantes do xénero”, informou a organización.

A 53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario celebrarase en Vilagarcía de Arousa do 24 de outubro ao 2 de novembro de 2025. Ademais das proxeccións, o festival contará con exposicións, encontros, presentacións, talleres e concertos, entre outras actividades paralelas. Todo con estrada gratuíta.

Curtas Festival do Imaxinario conta co apoio institucional do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. E co patrocinio de De Angeles Films, Gadis e Rei Zentolo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.