O vindeiro xoves 17 de xullo comezan en Xuño (O Son) as Festas de Santa Mariña 2025

11 Xullo 2025

A vindeira semana, a partir do xoves 17 de xullo e ata o 20 de xullo (domingo), vanse celebrar na parroquia de Xuño (Porto do Son) as Festas de Santa Mariña, edición 2025, organizadas pola Asociación de Veciños Sartaxas en colaboración co Concello de Porto do Son.

As celebracións comezarán o xoves pola tarde, véspera de Santa Mariña, con xogos populares para os máis pequenos (ás 18.30 horas), churrascada popular amenizada polo grupo de mariachis Willingtong. Pola tarde haberá verbena a cargo do dúo Obice Capital.

O venres 18 horas, día adicado a Santa Mariña, comezará ás 9.00 horas coas dianas e alboradas da agrupación Rexoubeiros. Ás 12.30 horas haberá misa solemne na honra de Santa Mariña. Á saída da misa haberá sesión vermú co grupo D’Crooners e ás 17.30 horas inchábeis e festa da escuma para a rapazada. Ás 22.30 horas comezará a verbena amenizada pola orquestra La Ola. Logo actuarán La Disquetera e Kike Varela.

Ao día seguinte, venres 19 horas, día adicado a San Antón, a festa comezará ás 9.00 horas coas dianas e alboradas a cargo da Banda de Música de Caamaño. Ás 12.30 horas celebrarase unha misa solemne na honra de San Antonio e logo, á saída do oficio relixioso, comezará a sesión vermú cos Litrisistas. Polo serán, ás 19.00 horas, haberá no campo das Furnas un partido de solteiras/os contra casadas/os, e pola noite haberá verbena con Pili Pampín, Neverloura e DJ Tchinclán.

O domingo 20 de xullo, día adicado á Virxe do Carme, comezará coas dianas e alboradas do grupo O Son do Pote. Ás 12.30 horas haberá misa solemne na honra da Virxe do Carme e á saída da misa está prevista unha sesión vermú co grupo Versionettes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.