O muradán Manuel Jesús Formoso Fernández, elixido novo Deán-Presidente do Cabido da Catedral

10 Xullo 2025

O Cabido da Catedral elixiu ao muradán, Manuel Jesús Formoso Fernández como novo Deán-Presidente, en substitución de José Fernández Lago. A elección tivo lugar en sesión ordinaria celebrada o pasado martes, 8 de xullo de 2025, coa asistencia dos membros do Cabildo e conforme ao establecido nos Estatutos da institución.

A votación, celebrada tras a lectura dos artigos correspondentes por parte do secretario, o M. I. Sr. Temperán Villaverde, concluíu coa elección de Formoso Fernández ao obter os dous terzos necesarios dos votos emitidos na terceira rolda.

O nomeamento foi remitido ao Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo para a súa confirmación, tal como marcan os Estatutos e o canon 509.1 do Código de Dereito Canónico. A confirmación tivo lugar o mércores 9 de xullo, quedando así formalizado o novo cargo.

Manuel Jesús Formoso Fernández asumirá a responsabilidade de representar institucionalmente ao Cabildo, presidir as celebracións litúrxicas da Catedral, convocar e dirixir as sesións do órgano capitular e velar polo cumprimento dos Estatutos. O seu mandato terá unha duración de catro anos, con posibilidade de renovación por un segundo período consecutivo. Nos próximos días anunciarase a data oficial de toma de posesión do novo Deán-Presidente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.