O Concello de Ribeira ampliará a rede de saneamento e abastecemento en Artes

10 Xullo 2025

O Concello de Ribeira adxudicou as obras de saneamento e abastecemento de auga para consumo doméstico no lugar de Arribas, na parroquia de Artes.

O Concello lembra que na actualidade o lugar de Arribas, na parroquia de Artes, non conta con rede de saneamento nin de abastecemento, polo que se proxecta a instalación de ditas liñas para proporcionar así o servizo á veciñanza da zona. A rede de saneamento estará formada por colectores de PVC e 439 metros de lonxitude que conducirá as augas fecais por gravidade ata o punto mais baixo, onde se conectará coa rede xeral existente. En canto a abastecemento de auga para consumo, instalarase unha liña de 517 metros de lonxitude de tubaxe de polietileno de alta densidade.

O obxectivo que se persegue con este proxecto é o de dotar ao lugar de Arribas dos servizos de saneamento e abastecemento de auga potábel.

A empresa Construcións Fermin Simal, será a encargada de realizar a obra cun investimento de 78.000 euros a executar en 4 meses no marco do POS+2024.

323.000€ de investimento na parroquia de Artes

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, “nestes últimos anos investimos na parroquia de Artes un total de 323.000 euros, destinados a actuacións moi demandadas polos veciños e veciñas. Concretamente, construímos un novo parque infantil cun investimento de 115.000 euros, agora acometemos obras de saneamento e abastecemento en Arribas e en breve tamén levaremos a cabo traballos de pavimentación e mellora da rede de pluviais en Outeiro cun tamén reforzamos os pluviais nesta mesma zona con outros 32.000 euros”.

“Levar servizos básicos foi algo ao que nós comprometemos desde o primeiro momento, e estamos a cumprir co que nos demanda a veciñanza de Artes. Queremos seguir traballando para mellorar a calidade de vida e responder ás necesidades reais do noso concello” declarou Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.