Este xoves 10 de xullo, foliada aberta no Son no marco do programa Escolas Abertas

08 Xullo 2025

Este xoves, 10 de xullo, 55 músicos de diferentes países virán facer unha foliada aberta a Porto do Son, dentro do programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

A foliada terá lugar na praza de España, a partir das 22:30 horas e desde a organización recomendan levar instrumentos e moitas ganas de tocar e bailar.

Esta iniciativa, que leva desenvolvéndose varias décadas, está dirixido ás entidades galegas do exterior e permite dar formación especializada ás persoas responsábeis de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos ou baile.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.