Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

08 Xullo 2025

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira. O incidente tivo lugar na rúa alcalde Bermudez dirección Carreira.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Incendio no mobiliario dunha terraza dun quinto piso na rúa Vimieiro, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados este mediodía, arredor das 14:00 horas, polo 112 por un incendio no mobiliario dunha terraza nun quinto piso na rúa Vimieiro, no concello de Boiro.

Os bombeiros provinciais encargáronse de sufocar o lume, que non afectou ao interior do piso.

Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil e o servizo municipal de Protección Civil de Boiro.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.