Ribeira arranca este mércores as Festas do Verán 2025

04 Xullo 2025

O Concello de Ribeira deu a coñecer este mediodía a programación oficial das Festas do Verán 2025, que se celebrarán entre o mércores 30 de xullo e o domingo 3 de agosto. O anuncio realizouse en rolda de prensa coa presenza do concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, e do presidente da Comisión de Festas, Daniel González.

O pregón inaugural terá lugar o mércores 30 ás 22:00 horas desde o balcón do novo edificio do Concello, que por primeira vez será utilizado para un acto público, a pesar de que aínda non está en pleno funcionamento. Tras o pregón, celebrarase a Noite das Orquestras, con actuacións simultáneas de tres agrupacións de primeiro nivel: O Combo Dominicano na Praza de Pontevedra en Bandaorrío, a Orquestra Finisterre na Praza de España, e a Orquestra Capitol no Malecón.

O xoves 31 será o día da 1ª Travesía a Nado Cidade de Ribeira, unha das grandes novidades desta edición, cun percorrido arredor da Insua e saída desde o paredón, con categorías desde benxamín ata xuvenil. Pola noite, ás 23:00 horas, actuarán Lichis & Due Country Cavalieri (protagonizado polo ex-compoñente de La Cabra Mecánica) na Porta do Sol, seguidos pola Orquestra Kubo na Praza de España.

O venres 1 de agosto haberá actuación da Coral Polifónica Municipal ás 13:00 horas na Porta do Sol. Xa pola noite, ás 23:00 h, será a quenda dos concertos de Huecco e Galician Army na explanada da Lonxa Vella, mentres que en paralelo tocará a Orquestra New York en Bandaorrío.

O sábado 2 comezará cunha actividade infantil a cargo de Agape na Praza do Concello e unha mostra de pintura ao vivo na rúa Galicia organizada por O Faiado. Ás 11:30 h celebrarase o mercadillo solidario A Creba, e ás 13:00 h actuarán os alumnos de PoPs School na Porta do Sol. Pola tarde terá lugar a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme e a tradicional Procesión Marítima, coa colaboración da Asociación Alfaia e as Amas de Casa. Á noite, a música volverá ser protagonista: Son de Camawey traerá a esencia da música cubana a Bandaorrío, seguido do tributo a Andrés Calamaro coa banda Alta Honestidad, mentres que na Praza de España actuará a Orquestra Marbella.

O broche de ouro chegará o domingo 3 de agosto coa tradicional Gran Sardiñada no Parque de Avesadas desde as 13:30 h, animada polo grupo local Drippers. Pola tarde, desde as 18:00 ata as 21:00 h, celebrarase a sesión DJ “Remember Callejón” con música dos anos 80 e 90 preto do Museo Municipal. Finalmente, ás 22:00 h tocará a Orquestra Platinum no Malecón, que dará paso ao esperado Combate Naval e a espectacular queima de fogos artificiais á medianoite.

O concelleiro de Festexos subliñou que se trata duns festexos “de gran variedade e estilos musicais diversos”, con sete orquestras, artistas recoñecidos, música tradicional cubana, talento local e novidades como a travesía a nado, sen esquecer as tradicións máis arraigadas das Festas do Verán de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.