A Escola de Música de Rois pecha o curso cun concerto cheo de talento e emoción

30 Xuño 2025

A Escola Municipal de Música de Rois celebrou este domingo 29 de xuño o seu concerto de fin de curso cunha gala na que se combinou o talento do alumnado, a entrega do profesorado e a emoción compartida entre familias e veciñanza. O acto, dirixido polo director da escola, Manuel Villar, contou coa presenza do concelleiro de Cultura, Manuel Cobas, e da xestora cultural, Anayansi Singh.

Un dos momentos máis emotivos da xornada chegou co inicio do concerto, coa interpretación da peza Ileana, composta polo profesor Javier á alumna de violoncello Ileana Alba Piñeiro hai dous anos. A súa execución en solitario foi moi aplaudida.

A diversidade de actuacións amosou o amplo abano formativo da ESMU: desde os máis pequenos da área de Música e Movemento ata agrupacións e dúos de clarinetes, trompetas, acordeóns, cantantes e o combo moderno. O repertorio abarcou estilos e épocas moi diversas, incluíndo pezas de Vangelis, David Bowie, The Beatles ou Adele.

Outro dos grandes momentos da tarde foi a interpretación do clásico Do, Re, Mi de The sound of music, a cargo do coro de alumnado xunto co profesorado, que encheu o escenario de complicidade e alegría. Esta actuación puxo de relevo o espírito colaborativo da escola e a conexión interxeracional entre alumnado e mestres. A encargada de interpretar á institutriz María foi a profesora de voz, Tania, quen recentemente se licenciou en Pedagoxía da Música e recibiu o recoñecemento do público e do equipo docente.

O peche do concerto correu a cargo da Orquestra de Cordas, cun repertorio que incluíu Pisando Flores, de Ara Malikian, e Hollywood Suite de K.D. Blackwell, poñendo o broche de ouro a unha tarde inesquecible.

No remate do acto, o director Manuel Villar animou á veciñanza a formar parte das agrupacións musicais, avanzando que o vindeiro curso chegará cargado de ilusión e novos retos, entre eles a posibilidade de levar á escena un musical.

Desde o Concello de Rois felicitamos a todo o alumnado, profesorado e familias pola súa dedicación e compromiso.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.