A Policía Local de Ribeira interceptou dous condutores ao volante tras ter inxerido sustancias estupefacientes

30 Xuño 2025

Durante a madrugada do venres ao sábado 28 de xuño, a Policía Local de Ribeira en colaboración coa Policía Nacional, interceptou a dous condutores cando transitaban pola estrada de maneira errática nos seus respectivos automóbiles na zona urbana de Ribeira. Unha de estas persoas, foi proposta para tres sancións polos seguintes delitos: superar o límite de alcol en aire expirado, conducir tras incorporar ao seu organismo drogas tóxicas e conducir cun permiso de conducir cuxa vixencia caducou.

Polo que respecta ao segundo condutor, foi proposto para unha sanción por conducir “tras incorporar ao seu organismo drogas tóxicas”.

Os axentes da Policía Local procedeu a inmobilizar ambos automóbiles e a trasladalos ao depósito municipal de vehículos, ata a aparición dun condutor debidamente habilitado.

Doutra banda, na noite do sábado 28 de xuño, os axentes interviron nun accidente de circulación acontecido na rúa da Paz, estrada entre os lugares das Saíñas e A Carballa (parroquia de Palmeira), consistente na saída dun automóbil da estrada que foi bater con dous vehículos que estaban estacionados na marxe dereita do dito treito, con resultado do condutor ileso e danos materiais nos automóbiles. O condutor do citado automóbil presentaba indicios de atoparse baixo a influencia do alcol, segundo sinalaron os axentes, que o requiriron para realizar as probas de detección regulamentarias, arroxando unha taxa positiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.