Exposición de modelismo naval no Liceo Marítimo de Ribeira

22 Xuño 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta fin de semana a exposición de modelismo naval que se pode ver no Liceo Marítimo de Ribeira, unha mostra que reúne pezas únicas e de gran valor artesanal vinculadas á tradición mariñeira da comarca.

Durante a visita, Lorenzana destacou “a importancia de preservar e divulgar o noso patrimonio marítimo, tamén desde a arte e o traballo manual, que teñen un fondo valor cultural e educativo”. Acompañada por representantes do Liceo Marítimo e autoridades locais, a conselleira percorreu a exposición, interesándose polos detalles técnicos e históricos das embarcacións reproducidas en escala.

A mostra inclúe réplicas de dornas, galeóns, buques mercantes, pesqueiros tradicionais e outros modelos representativos da historia naval galega e internacional. As obras foron elaboradas por afeccionados ao modelismo da zona, que coidan ao máximo a fidelidade nos detalles, tanto estruturais como decorativos.

Desde o Liceo Marítimo salientaron o interese desta iniciativa por achegar o mar á cidadanía, especialmente ás novas xeracións, e agradecen a presenza institucional como mostra de apoio á cultura e ao patrimonio marítimo. A exposición estará aberta ao público durante as vindeiras semanas, con entrada libre en horario de tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.