Luis Oujo e os concelleiros Juan José Calo e Alicia Martínez visitan os paneis informativos das correntes nas praias realizados polo alumnado do CEIP de Seráns

20 Xuño 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polos concelleiros de Medio Ambiente e Cultura, Juan José Calo e Alicia Martínez, realizaron recentemente unha visita aos paneis informativos sobre as correntes das praias realizados polos nenos e nenas do CEIP de Seráns.

O Concello apoiou esta iniciativa do alumnado do centro que, con curiosidade e paixón, realizou o deseño destes carteis que informan sobre as correntes do mar e as zonas de seguridade de baño.

Para a realización dos paneis, as e os escolares puxéronse en contacto coa experta e oceanógrafa Yolanda que asesorou á rapazada sobre o funcionamento das correntes e sobre as zonas máis seguras das praias do municipio.

Tras a instalación dos taboleiros nos areais, desde o goberno local amosáronse orgullosos e ilusionados por esta gran marabillosa iniciativa e polo fomento do espírito crítico e creatividade do alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.