O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) va acoller este sábado 21 de xuño unha importante celebración da música, o baile e a gastronomía da nosa terra: o Serán de Abanqueiro. Dará comezo ás 20.30 horas e estará organizado pola Comisión Virxe do Carme de Abanqueiro, que aproveitará o Serán, precisamente, para darse a coñecer ante veciños e visitantes. Haberá música tradicional e degustación de paella actuación de DJ Jalaiko.
O serán de Abanqueiro dará comezo ás 20.30 horas con musica tradicional e degustación de paella e contará con DJ Jalaiko para rematar o día. Ademais o programa inclúe unha homenaxe ao Abanqueiro SD polo seu ascenso de categoría nesta tempada.
A festa conta co apoio do Grupo JJ Chicolino, Río Blanco, JEALSA, Cooperativa Ría de Arousa, Os Fornos, A Despensa de Abanqueiro, Prebemar, Bar Edén e DJ Jalaiko.




