Froxán (Lousame) acolle este sábado 21 unha nova xornada voluntaria e aberta de deseucaliptización

17 Xuño 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha nova xornada de deseucaliptización aberta ao público, coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da CMVMC de Froxán.

O vindeiro sábado 21 de xuño, a partir das 09:30 da mañá, celebrarase unha nova xornada de voluntariado para a eliminación de eucaliptos e a recuperación ecolóxica no monte veciñal de Froxán, no concello de Lousame. A actividade inclúe tamén unha visita ambiental guiada, aberta a todos os públicos, para coñecer a historia e biodiversidade deste espazo emblemático.

A iniciativa está coordinada pola Fundación Montescola, no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, e conta coa colaboración da comunidade de montes de Froxán. O obxectivo é fomentar a participación cidadá na restauración de ecosistemas degradados e sensibilizar sobre os impactos das plantacións de eucalipto nos montes galegos.

Como é habitual nestas xornadas de traballo comunitario, ao rematar a actividade ofrecerase un xantar de albaroque ás persoas participantes.

A actividade é aberta e gratuíta. As persoas interesadas poden inscribirse ata o xoves 19 de xuño, enviando un correo a info@montescola.org.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.