Accidente de tráfico cun ferido na AG-11, ao paso da vía polo concello de Boiro

15 Xuño 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron nun operativo provocado por un accidente de tráfico acontecido antes das 10:00 horas na estrada AG-11, á altura do punto quilométrico 22, ao seu paso polo termo municipal de Boiro.

O accidente provocou que unha persoa resultase ferida malia non precisar ser liberada do interior do vehículo. Logo de recibir atención in situ foi trasladada ao Hospital do Barbanza.

O operativo dos bombeiros provinciais consistiu na desconexión da batería do turismo sinistrado e na comprobación da seguridade.

Consorcio Provincial de Bombeiros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.