Domingo 15, ceo despexado e ascenso de temperaturas

14 Xuño 2025

A xornada dominical estará marcada polo dominio das altas presións nas Rías Baixas e en Santiago.

Así, espérase un ceo en xeral despexado,na comarca aínda que con presenza de nubes baixas no norte das provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán de forma notable no sur de Galicia, aínda que descenderán no norte da comunidade. NAs rias chegaremos ós 28 graos quedando Santiago sobre os 24.

O vento soprará moderado do nordeste, aumentando de intensidade nalgúns intervalos cara á segunda metade da xornada, no corredor que vai de Bares a Fisterra.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.