María Rivas destacou en Muros as facilidades do Goberno para achegar a Administración a todos os concellos da provincia

13 Xuño 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, salientou en Muros as facilidades que ofrece o Goberno para achegar a Administración a todos os concellos da provincia, en particular aos máis pequenos. Fíxoo na presentación do programa “A Administración Cerca de Ti”, que tivo lugar na Casa de Cultura de Sorribos, na Abelleira, nun acto informativo impartido por persoal da Subdelegación, formado para atender as dúbidas da poboación.

Acompañada pola alcaldesa de Muros, María Lago; a secretaria xeral de FADEMUR, Rosa Arcos, e a secretaria xeral de Os Hórreos, Concepción Sande, a subdelegada lembrou que a Administración Xeral do Estado proporciona a posibilidade de tramitar de forma dixital máis do 90% das xestións, dende prestacións, pagamento de impostos, expedición de permisos de condución ou a solicitude de axudas, entre outras.

Rivas subliñou que o obxectivo é que calquera persoa poida acceder a estes servizos dende o seu móbil ou ordenador, sen necesitar desprazarse, e que nas mesmas sesións reciben asesoramento técnico para completar os trámites. Tamén animou os concellos de menos de 8.000 habitantes a adherirse ao protocolo asinado pola FEMP e o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática para estender esta iniciativa.

Na súa primeira edición, o proxecto percorreu 8.728 quilómetros e chegou a 63 dos 67 concellos con menos de 8.000 habitantes da provincia, onde se expediron 981 certificados dixitais. Actualmente, 55 concellos están adheridos, sendo Miño, Vilarmaior, Carnota ou Vimianzo algúns dos que xa acolleron o servizo nesta nova fase.

María Rivas incidiu na importancia do plan, que “promove a igualdade de oportunidades, reforza a presenza do Estado nas zonas máis despoboadas e mellora a calidade de vida da poboación rural”. Asímesmo, lembrou que “A Administración Cerca de Ti” é un dos moitos servizos que o Goberno pon a disposición da cidadanía, xunto coas unidades móbiles para a expedición do DNI, os Puntos de Actualización de Documentos da Policía, o asesoramento na campaña da Renda ou a maleta viaxeira contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.