Portos e Culturmar asinan un convenio para a organización do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en Ribeira

12 Xuño 2025


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, asinaron un acordo de colaboración para a organización do XVII Encontro de embarcacións tradicionais, que se celebrará este ano no peirao de Ribeira, entre os días 17 e 20 de xullo nun espazo cedido polo ente público para “fomentar e promocionar o patrimonio marítimo e a flota tradicional”, sinalaron o presidente de Portos, José Antonio Álvarez, e o da Federación, José Luis Sacau.

En virtude deste convenio, Culturmar realizará as actividades, funcións e responsabilidades de todo tipo como entidade organizadora nos espazos de mar e terra e edificacións que pon a disposición o ente público.

Tal como se recolle no convenio, “a ocupación dos espazos portuarios iniciarase o día 11 de xullo para a realización dos traballos previos de montaxe de carpas e demais elementos e rematará o día 22 de xullo cos traballos de desmontaxe”. Ademais, Culturmar deberá cumprir “coas obrigas que establece a Lei de espectáculos e obter das administracións públicas competentes, singularmente a municipal, as licencias, permisos, asistencia e control do evento. Tamén será a encargada de xestionar ante o Concello de Ribeira a disposición e aplicación da loxística necesaria de protección e seguridade cidadá durante a celebración do encontro”.

Pola súa parte, Portos de Galicia cederá os espazos de titularidade autonómica, tanto en terra como auga, así como os edificios portuarios sinalados no convenio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.