Outes reivindicará as tradicións de San Xoán e o apoderamento feminino nunha ruta guiada o 21 de xuño

06 Xuño 2025
Herbas máxicas de San Xoán nunha imaxe de Eli García

Outes vai acoller unha moi interesante actividade ambiental, saudábel e de lecer encadrada nas celebracións da festividade de San Xoán. Trátase da xornada Redescubrindo o San Xoán en familia, prevista para o vindeiro 21 de xuño (sábado) en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas), con saída dende a igrexa de San Xoán de Roo. Trátase dunha ruta guiada que reivindica o patrimonio local, as lendas, tradicións e herbas máxicas do San Xoán en Outes.

A actividade porá o foco na figura da muller, no apoderamento feminino e na sensibilización contra a violencia machista.

Identificaranse e recolleranse as herbas de San Xoán e elaboraranse amuletos naturais.

Ademais, será unha ruta para toda a familia (a partir de 6 anos), gratuíta aínda que con prazas limitadas (por orde de inscrición ate o 18 de xuño, na sede de Doce Coliño na rúa do Bosque, a través da conta info@docecolino.com ou no teléfono 611 85 70 87).

Organiza Doce Coliño e Alma Henko en colaboración co Concello e o CIM de Outes. Trátase dunha actividade subvencionada polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Género, Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

A ruta contará co labor divulgativo de Tremuzo Historia e Patrimonio e a antropóloga Lidia Mariño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.