O V Cross de Atletismo Barbantia celebrase este domingo 8 de xuño en Cespón

07 Xuño 2025

O Concello de Boiro colabora con Barbantia Roda para o desenvolvemento do V Cross de Atletismo Barbantia que terá lugar o vindeiro domingo 8 de xuño nas inmediación do CEIP de Cespón. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste mércores 4 de xuño na presentación da proba xunto con Manuel Villanustre e Germán Villanustre, membros de Barbantia Roda.

Trátase dunha carreira de atletismo de monte a través estilo cross, non competitiva e cunha distancia de 9 quilómetros que sairá o CEIP de Cespón, percorrerá os montes da contorna e rematará no mesmo sitio. Ademais da carreira absoluta, que terá saída ás 11.00 horas, haberá categorías infantís con distancias de 100m para 4 e 5 anos; 500m para 6 a 8 anos; 1000 para 9 a 11 anos e 2500m para 12 a 14 anos.

“Retomamos esta proba deportiva que levaba varios anos sen realizarse e muda o seu percorrido á contorna do CEIP de Cespón, unha carreira de nivel medio”, afirmou Manuel Villanustre. As inscricións para participar poden facerse online ata esta noite e no mesmo día da proba ata media hora antes.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación do club para retomar esta actividade “unha actividade moi atractiva, que se suma ás distintas probas deportivas que se desenvolven en Boiro e que redundan na promoción do deporte e no dinamismo local do noso pobo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.