Leiro acolle un obradoiro para deseñar o futuro colectivo dos montes

28 Maio 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza celebrou este mércores en Leiro (Rianxo) un obradoiro de prospectiva comunitaria orientado a construír unha visión compartida sobre o futuro dos montes veciñais e a definir accións concretas para facela realidade.

A actividade, aberta a comuneiros e non comuneiros de todas as idades, foi coordinada pola Fundación Montescola, entidade especializada en educación ambiental e dinamización comunitaria. O obradoiro ten como obxectivo implicar á veciñanza na xestión sostible dos montes, empregando unha metodoloxía participativa baseada na imaxinación colectiva do monte a 30 anos vista.

Durante a xornada, que incluíu sesións de traballo, unha visita de campo e un xantar comunitario con produtos do monte, as persoas asistentes colaboraron na elaboración dun Plan de Acción Comunitaria para Leiro, que recolle os pasos consensuados para avanzar cara a ese futuro desexado.

A iniciativa conta con financiamento europeo a través da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), sustentado polos fondos NextGenerationEU.

Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza traballa pola sustentabilidade ambiental e a resiliencia territorial, apostando pola implicación activa da cidadanía na gobernanza dos recursos naturais da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.