O equipo do Pesca I rescata a un traballador do Parque Nacional das Illas Atlánticas tras caer nunhas rochas

24 Maio 2025

Sufriu varios golpes en cabeza, brazo e costelas e unha forte conmoción.

Para o rescate, só era posible a vía aérea, xa que caeu por un desnivel rochoso de catro metros de profundidade. Atopábase na Illa de Ons, fronte ao illote das Freitosas, tal e como explicou un compañeiro do ferido na súa chamada de auxilio ao 112 Galicia pasadas as oito desta tarde.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron a Salvamento Marítimo, que confirmou a saída do equipo do Pesca-I, do Servizo de Gardacostas. Tamén pre alertouse aos Bombeiros do Morrazo e a Garda Civil.

Os rescatadores do Pesca-I sacaron o ferido das rochas e conducírono ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde recibe a asistencia sanitaria necesaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.