Este xoves 22 arrincan en Nebra as Festas de Santa Rita

21 Maio 2025

Este xoves 22 de maio comezan as Festas de Santa Rita de Nebra (Porto do Son), edición 2025. Arrincan cunha xornada (a do xoves) na honra de Santa Rita, con dianas e alboradas a primeira hora da mañá a cargo das Pandeireteiras Falcoeira, con misas ás 10, ás 11, ás 12 (solemne), ás 19, ás 20 e ás 21 horas e compleméntanse, na vertente festeira, cunha sesión vermú e verbena nocturna a cargo do Dúo D’Vicio.

Ao día de seguinte, adicado ao Cruceiro de Tores, logo das dianas de Falcoeira e da misa solemnte das 12 horas, haberá unha sesión vermú con JB Son Grupo. Polo serán, ás 19 horas, haberá un concerto de Falcoeira e Canlebó no Cruceiro de Tores. A verbena nocturna con JB Son Grupo e coa Discomóbil Chocolate.

O sábado celebrarase a terceira Andaina de Santa Rita e (ás 9.30 horas) a ruta cabalar. Ás 10 horas será a saída da andaina, para adultos e nenos (con inscrición previa).

Ás 12 horas están previstos xogos populares e unha merenda e, un pouco máis tarde, unha sesión vermú co Trío Alborada. Logo da degustación de porco e cordeiro ao espeto, celebrarase pola tarde un bingo e máis actividades para a rapazada. Pola noite haberá gran verbena a cargo do Trío Alborada, que dará paso, ao remate do concerto, á actuación do Discomóbil Chocolate.

Organiza o colectivo de veciños de Nebra en colaboración co Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.