O Concello de Outes achega formación en vela e windsurf durante os meses de maio e xuño

18 Maio 2025

O Concello de Outes achega formación relacionada cos deportes marítimos durante esta primavera, a través do Centro Náutico con base operativa no porto do Freixo. En concreto, brindarase un programa de cursos de vela e windsurf para os meses de maio e xuño.

As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 696 131 622 ou no enderezo electrónico centronautico@outes.gal.

Estes cursos de vela, pensados para distintas idades e niveis, teñen a finalidade de ofrecer aos interesados na práctica da vela, os coñecementos necesarios para que poidan navegar de forma autónoma.

Duración

Barco ou derivador: cinco saídas de 4 horas.

Táboa deslizadora a vela (windsurf): cinco saídas de 3 horas.

Catamarán: cinco saídas de 3 horas.

Requisitos

Saber nadar, ter cumpridos os 7 anos na modalidade de barco e 10 para as modalidades de windsurf e catamarán. Os usuarios deben tamén posuír a licenza de escola do ano en curso da federación galega de vela.

Indumentaria

A escola de vela facilita os chalecos salvavidas, o resto de indumentaria correrá a cargo dos usuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.