A I andaina solidaria “peñeira” de Boiro recada 6.000 euros para ASANOG

16 Maio 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou na entrega do cheque coa recadación da I andaina solidaria peñeira a ASANOG xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC e Sara de ASANOG. A recadación total das inscricións e doazóns foi de 6.000 euros, ao que se suma todo o recadado polo merchandising e as huchas que a propia asociación tivo durante o día. A actividade desenvolveuse o pasado domingo 11 de maio e contou con 701 participantes inscritos mais 52 persoas que colaboraron co dorsal 0. Esta doazón contribúe ao labor que ASANOG fai de apoio ás familias de adolescentes e nenos e nenas con cancro. “A veciñanza de Boiro sempre demostra a súa solidariedade participando en iniciativas como esta e cando o recadado vai para favorecer o traballo tan bo que fan dende entidades como ASANOG”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.