O pleno de Lousame toma coñecemento da renuncia á súa acta da concelleira socialista Ana María Domínguez Laíño

12 Maio 2025

O pleno de Lousame celebrou este luns 12 de maio unha rápida sesión extraordinaria na que se tomou coñecemento da renuncia de Ana María Domínguez Laíño, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía, á súa acta como concelleira. Unha renuncia formalizada o pasado 1 de maio. O alcalde en funcións, Esteban Ares García, aproveitou para agradecerlle a concelleira “o traballo realizado ao longo deste meses e desexarlle a mellor das sortes na súa vida persoal e profesional”.

O Pleno tomou coñecemento tamén da renuncia anticipada de Ana Vanesa Martínez Figueroa a asumir a acta que deixa libre Domínguez Laíño, polo que o Concello enviará unha comunicación á Xunta Electoral Central para que traslade a petición á seguinte persoa na lista: Begoña Maroñas Maroñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.