A unidade de doazón de sangue estará este sábado pola mañá en Rianxo

27 Marzo 2020

O Concello de Rianxo e a Policía Local informaron que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará tamén este sábado 28 de marzo no centro de vila, en horario de 10.00 a 15.00 horas na praza Castelao, logo das estadías deste venres e deste xoves no mesmo emprazamento. As persoas interesadas en colaborar con este importante servizo, máis relevante ca nunca tendo en conta o estado de alarma sanitaria, restricións e confinamento, poden solicitar cita previa a través do número de teléfono 900 100 828.

Como de costume, a unidade móbil achega unha serie de recomendacións ás persoas voluntarias, entre as que se atopa ter agardado dúas horas despois do xantar para facer a doazón, levar o DNI ou a tarxeta de doazón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...