A Rede Cultural 2025 da Deputación pecha a súa axenda cun programa de 1.184 espectáculos

05 Maio 2025

A Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña programará 1.184 espectáculos, nunha axenda que chegará a todos os concellos do territorio e que estará aberta ata o 31 de marzo de 2026. O investimento final da administración provincial no circuíto alcanza os 1.521.024 euros.

Teatro, monicreques, maxia, danza, música, cinema, narración oral e outros contidos para a dinamización social do galego completan un catálogo que se distribúe deste xeito:

–Escena ao vivo, programa de propostas profesionais de teatro e monicreques, maxia, danza e música para concellos: 847 espectáculos (469 de teatro e monicreques, 264 concertos, 80 de maxia e 34 de danza).

–Visións, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 64 filmes.

–Lingua a escena!, programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos: 128 actuacións.

–Alicerce, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 145 espectáculos.

A Deputación asume o 75% do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5.000 habitantes, o 60% nos que teñen entre 5.001 e 10.000, o 50% nos de entre 10.001 e 20.000, o 40% nos de entre 20.001 e 50.000 e finalmente un 30% nos máis de 50.001.

“Con esta nova edición da Rede Cultural consolidamos un modelo descentralizado, sostíbel e participativo, que sitúa a cultura como un dereito e un servizo público”, sinalou a deputada de Cultura, Natividade González.

Para González, “a cultura é un motor de desenvolvemento social e económico, e este investimento permitirá achegar a todos os concellos da provincia, mesmo aos máis pequenos, un programación diversa e de calidade que reflicte a riqueza e o talento do sector, desde o teatro á música, a danza, o cinema, a maxia ou a narración oral”.

O departamento de Cultura provincial segue apostando, segundo a Deputada, “por un circuíto que tece redes e que, desde a proximidade e en colaboración coas administracións locais, enriquece a vida da veciñanza, ademais de proporcionar un espazo de traballo relevante e ofrecer oportunidades profesionais a compañías e artistas”.

A axenda de espectáculos pódese consultar na sección de Cultura da páxina web da Deputación.

A resolución de adxudicación aos concellos dos espectáculos da Rede Cultural 2025 pode consultarse no BOP do 29 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.