Padrón despide unhas festas de Pascua marcadas polo protagonismo feminino

27 Abril 2025

Padrón despide unhas das Festas de Pascua máis femininas dos últimos anos, que comezaron co pregón da triatleta local Martina López Gestal e que contou o sábado co concerto da Banda da Loba, o grupo compostelá formado por cinco mulleres que presentou diante de numeroso público o seu último traballo discográfico, Lovismo. Nun domingo de Pascuilla soleado milleiros de persoas achegáronse ata a capital do Sar para participar no último día das festas de 2025. A tradicional xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón e o Festival de Bandas foron dous dos actos máis destacados.

Actuación de A Banda da Loba

O alcalde, Anxo Arca, e membros do Goberno local, presidiron a 48 xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, que entregou as insignias de ouro e placas de honra e rendeu unha emotiva homenaxe ao fundador de Picusa, Ignacio Zaragoza Salvadó, coincidindo co 150 aniversario da posta en marcha da primeira fábrica de curtidos na Matanza. Anxo Arca, que recibiu na alcaldía a familiares do homenaxeado que asistiron ao acto, agradeceu e resaltou a aposta que no seu día fixera Ignacio Zaragoza para poñer en marcha unha fábrica que foi motor económico na comarca e segue sendo unha referencia.

Este ano, as persoas e empresa recoñecidas polos Fillos e Amigos de Padrón foron Cristina Castaño, Miguel López Mendoza, Carmen San Nicolás López, Francisco Quintá Mariño, Carlos Castaño Varela, Baicha e a Irmandade de Fillos e Amigos da Estrada. Todos eles foron saudados polo Goberno local e, despois da foto de familia nas escaleiras da igrexa parroquial, xunto coa directiva da irmandade participaron na tradicional ofrenda no paseo do Espolón diante das estatuas de Rosalía e Camilo José Cela. Anxo Arca e Carmen San Nicolás depositaron a coroa de loureiro diante da estatua de Rosalía, e o alcalde, con Cristina Castaño diante da de Cela. A Coral Polifónica Padronesa cantou o himno de Padrón e a banda municipal tocou o himno galego.

Anxo Arca e Cristina Castaño fixeron a ofrenda floral a Camilo José Cela

Despois da recepción oficial na casa consistorial, na que o alcalde louvou a traxectoria das persoas e entidades homenaxeadas, a comitiva trasladouse ao polígono de Picusa para render homenaxe a Ignacio Zaragoza.

As agrupacións folclóricas Arreixeira e O Pedrón foron tamén protagonistas pola mañá nas actuacións que o Concello reserva para os grupos tradicionais na praza de Macías.

Festival de Bandas Capital do Sar

Homenaxe a Ignacio Zaragoza Salvadó, fundador de Picusa

Pola tarde a música tradicional cedeulle a quenda a música de banda. No Festival de Bandas Capital do Sar participaron as agrupacións de Padrón, a de Vilalba e a de Antas de Ulla, nun acto que xuntou centos de persoas na praza de Macías.

Xa pola noite, as orquestras Atenas e Marbella volveron animar unhas verbenas coas que Padrón se despide das Festas de Pascua ata o vindeiro ano, despois dun fin de semana moi concorrida.

A Banda da Loba e Delcanto

O sábado pola note, A Banda da Loba presentou en Padrón o seu último traballo, Lovismo, un disco que xira arredor da idea do amor, do amor libre e os diversos amores e que lle canta ás lobiñas que se incorporan ao cubil. A actuación foi moi aplaudida por varios centos de persoas de todas as idades que asistiron ao concerto no paseo do Espolón.

Despois collería o relevo o grupo murciano Delcanto, para presentar o seu particular tributo a El Canto del Loco, a banda que liderou Dani Martín.

Antes da última verbena do Sábado de Pascuilla, que estivo amenizado pola orquestra Kubo, centos de persoas presenciaron as proxeccións sobre a fachada do convento do Carme e o lanzamento de fogos artificiais. Un problema técnico impediu lanzar a traca final, polo que os fogos non se puideron contemplar na súa totalidade.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.