Cáritas de Galicia reúne máis de 300 persoas no seu encontro do voluntariado

26 Abril 2025

Preto de 90.000 persoas reciben axuda actualmente dos programas de Cáritas en Galicia, nos que colaboran máis de 4.500 voluntarios. Este sábado celébrouse en Compostela o XVI Encontro do voluntariado de Cáritas.

Esta xornada serviu de homenaxe ao papa Francisco e lembráronse as súas palabras sobre o labor de Cáritas, da que dixo que é “parte esencial e a institución do amor da Igrexa”.

Neste acto tivo como un dos temas centrais do labor de Cáritas o acollemento, a protección e a integración das persoas migrantes.res de cada catro euros que recibe Cáritas para desenvolver os seus programas de axuda proveñen de sectores privados. Fan un chamamento á cidadanía e ás empresa a colaborar. A xornada conclúe cunha eucaristía xubilar na catedral de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.