Accidente múltiple con tres feridos por mor da sarabia en Vilanova

15 Abril 2025

Catro coches chocaron no quilómetro 1 da PO-306, en Vilanova de Arousa, dez minutos despois deste mediodía. Aínda que nun principio sinalouse que non había persoas feridas, os servizos sanitarios tiveron trasladar tres persoas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través dun particular, quen explicou que estaba caendo unha forte sarabiada. A Policía Local confirmou os feitos e solicitou a colaboración no punto dos servizos de mantemento da estrada. Ademais, participaron a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilanova.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.