O vindeiro domingo 13 de abril, o municipio de Lousame celebrará o Día da República cunha serie de actos conmemorativos que terán lugar en O Confurco, organizados polo Concello de Lousame e a asociación Memoria Histórica do Barbanza.
A xornada dará comezo ás 12:00 horas cunha ofrenda floral no monumento “As voces silenciadas”, en lembranza das vítimas do franquismo. O historiador José Antonio Pérez Fernández será o encargado de contextualizar este acto coa súa intervención.
A continuación, terá lugar a entrega da Declaración Republicana de Honra 2025, que este ano será outorgada a Celia García Pillado, en recoñecemento ao seu compromiso coa memoria democrática.
A parte musical correrá a cargo do grupo Nunca É Tarde, que ofrecerá unha intervención musical no marco da celebración.
Os actos concluirán cunha comida popular ás 14:30 horas no Restaurante Bahía. As persoas interesadas en asistir deben anotarse antes do venres a través do correo crmhbarbanza@gmail.com ou no teléfono 639 315 334 (Néstor).
Esta conmemoración busca poñer en valor a memoria histórica, homenaxear ás persoas represaliadas polo franquismo e manter viva a chama dos valores republicanos.




