Miles de persoas marchan en Compostela contra “o desmantelamento” do Sergas

06 Abril 2025

Miles de persoas congregáronse este domingo en Santiago de Compostela para protestar contra os recortes, a privatización e o desmantelamento do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e apoiada por diversos colectivos, a manifestación esixiu máis recursos para garantir unha sanidade pública galega de calidade.

Baixo o lema “Máis atención primaria, máis atención hospitalaria, máis sanidade pública”, a marcha percorreu as rúas desde a Alameda ata a Praza do Obradoiro. Alí, fronte á Catedral de Santiago, leuse un comunicado que destacou o rexeitamento masivo da cidadanía ás políticas de recortes e deterioración do Sergas.

Entre as demandas principais, os manifestantes reclamaron centros de saúde con persoal suficiente, consultas accesibles nun prazo máximo de 24-48 horas e unha atención primaria integral que promova a saúde e preveña enfermidades. Tamén pediron reforzar a atención hospitalaria, denunciando a precariedade nos hospitais públicos e a falta de persoal para utilizar plenamente os recursos tecnolóxicos dispoñibles.

A protesta tamén puxo énfase na atención á saúde mental, esixindo máis recursos e persoal especializado, así como a recuperación de áreas sanitarias perdidas e a reversión de centros privatizados ao sistema público. Ademais, criticaron a manipulación das listas de espera e solicitaron un plan de choque para reducilas.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e outros líderes políticos participaron na manifestación, subliñando a importancia de defender unha sanidade pública accesible e de calidade fronte ás políticas actuais.

Dende o Goberno da Xunta afirman que respectan as opinións das persoas que acudiron á manifestación pero que non comparten os motivos da convocatoria.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, atribúe o déficit de profesionais sanitarios ao Goberno central, e afirma que Galicia ten un dos mellores sistemas asistenciais do mundo, que cómpre coidar.

Nun comunicado, asegura que “Galicia dispón do maior orzamento sanitario da historia para optimizar e prestar a mellor asistencia”, nega os recortes, o incremento da concertación coa privada e o aumento das listaxes de agarda.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.