Este 1 de abril ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Padrón para o curso 2025/26

31 Marzo 2025

O Concello de Padrón informou de que o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/26 ficará aberto entre este martes día 1 e ata o venres 11 de abril. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal.

Para formalizar a solicitude cómpre cubrir o formulario oficial dispoñíbel na sede electrónica e achegar a documentación correspondente. Entre os documentos obrigatorios inclúese o libro de familia ou outro documento que acredite oficialmente a situación familiar, ademais dunha declaración xurada de que a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar segue sendo a mesma, no momento da solicitude de ingreso na Escola Infantil Municipal que na data que consta na declaración a renda ou certificado equivalente. Se houbo cambios respecto aos datos reflectidos na declaración da renda ou no certificado equivalente, deberá achegarse a documentación que xustifique a nova situación.

Ademais, dependendo da situación familiar poderá requirirse documentación adicional, como o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental, a acreditación de discapacidade ou dependencia, ou a resolución de contrato de acollemento familiar. No caso de separación, divorcio ou nulidade matrimonial, deberá acreditarse dita circunstancia xunto co réxime de visitas.

Dependendo da situación económica-laboral deberá aportarse como documentación complementaria a última nómina dos membros da unidade familiar en activo ou xustificante do último ingreso trimestral (autónomos), se algún membro está en desemprego, certificación do INEM ou organismo autonómico, declaración do IRPF ou certificado da AEAT no caso de non presentala, informe social en casos de dificultades para acreditar rendas, e se es perceptor de RISGA, resolución da Consellería de Política Social.

As solicitudes serán baremadas segundo os criterios establecidos na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 14 de marzo de 2025, conforme aos códigos de procedemento BS404A e BS404B. Toda a información detallada sobre os requisitos e criterios de avaliación pode consultarse na sede electrónica municipal e na web da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Atención e máis información

O Concello de Padrón lembra que as persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais para resolver calquera dúbida relacionada co proceso de solicitude a través do correo electrónico (servizos.sociais@padron.gal) ou do teléfono 981 817 025. Ademais, recoméndase consultar a sede electrónica municipal para acceder aos formularios oficiais e obter información actualizada sobre o proceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.