Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia veñen de esclarecer dous incendios forestais, un deles rexistrado o pasado 17 de marzo no concello de Boiro.
No caso do incendio en Boiro produciuse no lugar de Ferreiros, na parroquia de San Vicente de Cespón e afectou 800 metros cadrados de superficie rasa. Nunha primeira inspección ocular, os axentes do Grupo de investigación de incendios da UPA en Santiago concluíron que a orixe do lume se debeu ao escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade necesarias e sen os correspondentes permisos.
As dilixencias polo lume de Boiro ao Xulgado de Instrución de garda de Ribeira cunha persoa identificada e investigada en cada caso como presuntas responsables destes incendios.
A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.




