O alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP Ricardo Tobío visita o Consistorio de Muros

26 Marzo 2025

Na mañá deste martes 25 de marzo o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro tivo oportunidade de coñecer in situ o Concello de Muros. As nenas e nenos foron convidadas/os pola Concellería de Ensino e Lingua, como parte do currículo da materia de Ciencias Sociais, que neste segundo trimestre centrouse nas administracións públicas, sendo a Administración local a máis próxima para coñecer o día a día dunha entidade pública destas características. Na visita, percorreron o Consistorio, coñeceron o seu funcionamento e celebraron un pleno municipal infantil. Foron recibid@s pola alcaldesa de Muros, María Lago, e polo resto de concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.