A Deputación loce a excelencia culinaria da provincia no Galicia Fórum Gastronómico, no que participa Nordestada (Portosín)

23 Marzo 2025

A Deputación da Coruña, a través da campaña A paisaxe que sabe, participa dende este 23 de marzo amosando no Galicia Fórum Gastronómico (cita imprescindíbel para os profesionais da enogastronomía) a riqueza dos produtos e produtores da provincia vencellada aos seus elementos paisaxísticos. No seu stand, unha decena de produtores locais presentan os seus produtos, ofrecendo un amplo programa de actividades que inclúe almorzos, demostracións e degustacións. Entre os chefs participantes destacan os tres finalistas da provincia ao concurso mellor cociñeiro/a galego do 2025: Nel Parada (Nodestada, Portosín), Víctor Basante (Arrueiro, Laxe) e Miguel Vázquez (Atípico, A Coruña), así como outros de referencia mundial como Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña), Nair González (Muelle 43, Mugardos) e Lucía Freitas (A Tafona, Santiago).

O lema desta edición, Un océano de cociñas, rende homenaxe á diversidade culinaria que emana das profundidades do Atlántico, destacando a riqueza e variedade das cociñas presentes na gastronomía contemporánea.

Durante o acto inaugural, Valentín González Formoso, presidente da Deputación, destacou a importancia de eventos como o Galicia Fórum Gastronómico “para poñer en valor a gastronomía local e promover o turismo na provincia”. “A gastronomía é un dos nosos grandes atractivos turísticos. En Galicia mestúrase o sabor dos nosos productos locais autóctonos de calidade co saber das persoas que os elaboran nas cociñas do noso país”.

Pola súa banda, o vicepresidente Xosé Regueira subliñou o compromiso da Deputación coa promoción dos produtos autóctonos e o apoio aos pequenos produtores, reforzando a identidade gastronómica da Coruña. “Estamos nun momento no que, se cabe, é aínda máis importante poñer en valor o noso: os nosos produtos locais de calidade, a nosa paisaxe e natureza, para que sigamos poder desfrutando e promocionando un territorio auténtico, sostible e virxe que posibilita a mellor gastronomía. Unha paisaxe que sabe”.

O Galicia Fórum Gastronómico 2025 contará con máis de 200 expositores e un programa cargado de estrelas da cociña internacional, consolidándose como unha oportunidade única para distribuidores, restauradores e empresas de cátering.

Actividades no stand da Deputación

O stand da Deputación estreou a súa programación cun almorzo a catro mans con San Isidro Bakery e Cafés Lúa, que se replicará mañá e pasado ás 11h. Posteriormente, celebráronse degustacións e presentacións do Centro Colaboratio da Fusquenlla en Moeche; a Despensa d’Lujo; Queixo Galmesán e o Espazo Colaborativo Transformando en Brión; e as demostracións de Nel Parada e Víctor Basante.

Mañá os showcookings correrán a cargo de Iria Espinosa (Árbore da Veira) e Miguel Vázquez (Atípico da Coruña), que compartirán xornada coas presentacións do Porco Celta de Orixes Galegas de Boqueixón; Chichalovers; Conservas Sotavento e Vánagandr, a mellor xenebra do mundo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.