UCIN demanda a humanización da travesía AC-305 entre Boiro e Pobra do Caramiñal

11 Marzo 2025

A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) solicitou a humanización da estrada comarcal AC-305 entre Boiro e Pobra do Caramiñal, co obxectivo de integrala mellor na contorna e recuperar o seu “carácter humano”.

Desde a posta en servizo da autovía de Barbanza, a AC-305 seguiu sendo unha das principais vías de comunicación da comarca de Arousa Norte. Con todo, tamén foi considerada unha das máis perigosas, segundo un informe de sinistralidade viaria elaborado pola Xefatura Provincial de Tráfico.

Ante esta situación, UCIN propón unha estratexia de intervención no espazo público que permita integrar os núcleos urbanos na infraestrutura viaria, reducir o perigo e mellorar a calidade ambiental da zona. Entre as medidas expostas inclúense a plantación de arboredo na contorna, a instalación de mobiliario urbano e a adecuación de paradas de transporte público para garantir a súa comodidade e seguridade.

José Luis Calo, representante de UCIN, destacou a importancia de crear “espazos harmonizados que prioricen a mobilidade, con zonas verdes e sombra natural, onde as vistas sobre a ría sexan aproveitadas”.

O obxectivo final desta iniciativa é mellorar a seguridade, a accesibilidade e a calidade de vida dos veciños da comarca, promovendo unha contorna máis segura e agradable para peóns e condutores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.