O Centro de Día da Pobra do Caramiñal inicia un programa de baile e música para as persoas maiores de 60 anos

27 Febreiro 2025

O Centro de Día de A Pobra do Caramiñal organiza esta tempada un proxecto de dinamización social e envellecemento saudábel a través do baile en colaboración co Concello e dirixido á comunidade.

Dito proxecto, denominado PEA, consiste en facer unha actividade de carácter físico a través da música para que as persoas maiores de 60 anos da contorna poidan participar. Será impartido polo persoal traballador do centro de día todos os luns de 16:15 a 17:15 na escola Unitaria do Vilariño (A Pobra do Caramiñal).

Con este programa, informan, preténdese “achegar dunha forma lúdica a realización de exercicio físico ó son da música para as persoas maiores de 60 anos da nosa contorna”. Engaden dende a organización que “o baile é unha das mellores prácticas para activar o corpo e a mente, e son sabidos os beneficios que a actividade física ten, e se a isto lle sumamos a música estes beneficios multiplícanse, especialmente a nivel emocional, xa que constitúe un elemento motivador, lúdico e socializador”.

Este programa vaise celebrar neste primeiro ano na Escola Unitaria do Vilariño.

Está previsto para anos posteriores dar continuidade ao mesmo achegándoo ao resto de parroquias para fomentar a participación e hábitos saudábeis na contorna.

A actividade terá unha duración dunha hora semanal. Desenvolverase todos os luns de 16:15h-17:15h durante os meses de marzo a maio do ano 2025.

As inscricións realizaranse de forma presencial nos Servizos Sociais do Concello de A Pobra do día do 26 de febreiro ao 6 de marzo (ambos inclusive). A inscrición será por orde de chegada e as prazas serán limitadas (o número de participantes será de entre 15-20 persoas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.