Rianxo deixa sen efecto o regulamento da ORA e aplica a restrición da mobilidade por estrada

16 Marzo 2020

Debido á situación sanitaria crítica que estamos a vivir, derivada da tentativa xeral de conter o avance do coronavirus, os concellos da comarca están a achegar puntualmente novos datos sobre as iniciativas a tomar e sobre as pautas que as veciñas e veciños deben seguir para colaborar do mellor xeito posíbel coa contención da pandemia. A Policía Local de Rianxo publicou este 16 de marzo un novo bando informativo no que se informa á cidadanía de todo o relacionado coa mobilidade por estrada Unha das medidas a tomar polo Goberno local é deixar sen efecto o regulamento do estacionamento nas zonas ORA do municipio.

Tamén se pon o foco que a permanencia en espazos públicos e a circulación limitarase aos seguintes casos concretos:

· Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.

· Asistencia a centros sanitarios.

· Desprazamento ao lugar de traballo.

· Retorno ao lugar de residencia habitual.

· Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas vulnerábeis.

· Desprazamento a entidades financeiras.

· Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

· Calquera outra actividade de análoga natureza debidamente xustificada.

Complementando a publicación do bando, a Policía Local recórdalle á veciñanza “a obriga de respectar as limitacións existentes de circulación e permanencia en espazos públicos”. Os incumprimentos, sinala o corpo policial rianxeiro, “poden ser sancionados de forma administrativa e penal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.