O Concello de Rianxo celebrará o domingo do Entroido coa nova edición do Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo

11 Febreiro 2025

O Entroido de Rianxo vai ter un dos seus puntos culminantes o domingo 2 de marzo, xornada na que a vila rianxeira encherase de cor e diversión coa nova entrega do Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo impulsada dende o Concello, cuxas bases e formularios de inscrición podemos consultar xa na web municipal (con máis información de maneira presencial no Auditorio de Rianxo e na conta cultura@concelloderianxo.gal).

O certame vén polo tanto con dúas vertentes: o Certame de Carrozas (para grupos de persoas de seis ou máis persoas participantes disfrazadas cunha mesma temática, e que vaian acompañadas por un vehículo con plataforma móbil debidamente adobiada e elaborada) e o Certame de Disfraces en Grupo (para grupos de persoas de seis ou máis persoas participantes disfrazadas baixo unha mesma temática e que representan unha escenografía, baile ou actividade performativa). O xurado valorará a orixinalidade, a creatividade, o esforzo na realización da carroza, a utilización e creación de recursos non comerciais, as coreografías, a escenografía e as vestimentas e maquillaxe das persoas participantes.

Respecto dos premios, o Concello establece tres premios para o Certame de Carrozas (900 euros, 700 euros e 500 euros) e outros tantos para o Certame de Disfraces en Grupo (350, 250 e 150 euros). Todas as carrozas participantes percibirán unha gratificación de 150 euros. As carrozas e grupos gañadores daranse a coñecer durante a tarde do Domingo de Entroido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.