A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira organiza en marzo un ciclo de xornadas para previr o acoso escolar

06 Febreiro 2025

A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira vai celebrar este mes de marzo un novo programa de actividades de divulgación, formación e debate destinadas a mellorar a calidade de vida das comunidades educativas. Desta volta porase o foco nun dos grandes retos docentes e sociais do noso tempo: o acoso escolar ou bullying, unha das problemáticas sociais con importantes repercusións non só para a vítima do maltrato, senón que abrangue a un espectro máis amplo no que se ven implicados o individuo ou grupo de hostigadores/as, o resto de alumnado, os profesionais da docencia, as familias do alumnado implicado e finalmente, a comunidade educativa. 

Antecedentes

Ante o aumento no número de casos de posíbel acoso escolar que se estaban a producir no centro de secundaria de Ribeira, sobre todo entre o alumnado feminino de 1º da ESO, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira, o ano pasado iniciou un programa para previr o acoso escolar, coa intención de educar sobre o que é o acoso escolar, como previlo, detectalo e actuar ante el.

A ANPA explica que o informe que recibimos do seu autor, Ramón Molina, unha vez finalizado este programa, “detectaba a necesidade de resolver os problemas de convivencia dentro e fóra das aulas, polo que, este ano, os obradoiros que se impartirán durante o mes de marzo do 2025 irán enfocados á convivencia positiva como forma de prevención do acoso escolar”. O obxectivo, engade a comunidade de nais e pais, é “axudar ao alumnado a elixir condutas de respecto mutuo que favorezan unha convivencia positiva”.

Catro sesións

Durante o mes de marzo, as e os escolares recibirán catro sesións (unha á semana) dunha hora de duración cada unha, onde aprenderán a identificar os  conflitos e os diferentes roles dentro da súa propia aula (diferenza entre conflito e acoso, quen é vítima, acosador/a, cómplices, observadores/as…), estratexias de afrontamento dos conflitos e como actuar no caso de detectar un caso de acoso escolar. Entre outras metodoloxías, as e os participantes no ciclo de obradoiros empregarán técnicas de dramatización e escenificación e terán ao seu alcance recursos para “sentírense apoderadas e apoderados”.

Cada obradoiro remataría coa identificación dunha tarefa de aula (que será diferente en cada grupo, segundo as necesidades detectadas e o grao de implicación de cada grupo), unha tarefa que “permita pór en práctica medidas para resolver un determinado conflito que afecta ao grupo, desenvolver medidas para mellorar a cohesión e a convivencia na aula, ou impulsar unha acción para sensibilizar e concienciar sobre o problema do acoso escolar”.

Estas tarefas serán revisadas na sesión de reforzo que se realiza un mes despois da última sesión. 

Como actuación complementaria aos obradoiros, realizarse unha xornada formativa dirixida a familias e docentes para establecer un “espazo de sensibilización e formación ao redor do acoso escolar e a convivencia, poñendo en valor a importancia do rol das familias á hora da prevención”.

Ademais aproveitaríase esta xornada formativa para informar a familias e docentes como están a resultar os obradoiros nos que están a participar os seus fillos e fillas, alumnos e alumnas, e “establecer na casa e na aula pequenos espazos para dialogar e reflexionar no seo da familiar e educativo sobre a problemática do acoso escolar, durante o período de realización dos obradoiros”, explican dende a ANPA, engadindo que a participación dos e das docentes do centro nesta formación “é moi interesante na medida en que ademais de dar resposta as súas necesidades formativas nesta problemática, xeramos un espazo compartido onde familias e profesorado dende o seu rol deben traballar conxuntamente para facer fronte ao acoso escolar”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.