Bea Campos e Marcos Alonso levan a Abanqueiro “A libraría máxica” (este venres ás 20h)

03 Febreiro 2025

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai acoller este 7 de febreiro unha función para o público infantil e familiar: A libraría máxica. Será a partir das 20.00 horas e a venda de entradas farase na billeteira do centro dende unha hora antes da función.

A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia, unha divertida peza teatral que rende homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. A dirección e dramaturxia corre a cargo da narradora oral e escritora Bea Campos e o elenco da función está formado pola propia Bea Campos e por Marcos Alonso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.