Padrón agradece o esforzo do persoal municipal durante o temporal

29 Xaneiro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, expresou hoxe o seu agradecemento ao persoal municipal polo seu traballo incansable durante os días de temporal. Destacou a súa dedicación para minimizar os efectos das inclemencias meteorolóxicas, garantir a seguridade da cidadanía e atender as emerxencias que se produciron.

O recoñecemento do rexedor non se limitou ao persoal municipal, senón que tamén se fixo extensivo ás empresas privadas encargadas do mantemento de diversos servizos municipais.

Durante unha reunión celebrada o 29 de xaneiro no salón de Plenos do Concello, Anxo Arca conversou cunha representación dos traballadores municipais, aos que trasladou, en nome de toda a veciñanza, o seu agradecemento pola implicación demostrada ante as intensas choivas.

O alcalde subliñou que o persoal traballou en condicións moi adversas para minimizar os danos causados polo temporal e lograr a recuperación da normalidade o antes posible.

Na xuntanza participaron traballadores e traballadoras dos departamentos de vías e obras, limpeza viaria, parques e xardíns, Policía Local e Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), aos que se lles recoñeceu o seu esforzo e dedicación ao servizo da comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.