Julián Bustelo felicita a Telmo Vicente Resua, xogador do Club de Xadrez de Rianxo, tras proclamarse campión provincial

15 Xaneiro 2025

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, recibiu no Salón de Plenos do Concello de Rianxo a Telmo Vicente Resua, xogador do Club de Xadrez Rianxo que vén de proclamarse campión provincial de xadrez na categoría sub-10, na proba celebrada na Pobra do Caramiñal.

O rexedor salientou que tanto Telmo como o conxunto do club rianxeiro veñen de completar un ano de grandes éxitos e “o recentemente estreado 2025 comeza da mellor maneira posíbel”, sinalou, engadindo que “dende o Concello de Rianxo queremos recoñecer o esforzo e dedicación de Telmo e da súa familia, así como brindarlle todo o noso apoio de cara ao Campionato Galego que se disputa dentro de uns meses”.

Por certo que Telmo, gran promesa do xadrez do Barbanza e Galicia, tamén se proclamou campión o pasado mes de setembro no VII Torneo Concello de Mos na categoría sub-10.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.