Na Rede o vídeo e o álbum de fotografías da pasada edición da Sin-Son 10K

03 Xaneiro 2025

O Concello de Porto do Son, ante as peticións xeneralizadas dos internautas (deportistas, seareiros, veciñanza do concello e do Barbanza, etc) compartiu nas redes materiais audiovisuais da pasada edición da carreira SinSon10K, celebrada o pasado 22 de decembro e na que, como lembraremos, impuxéronse Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta (en 2023) e diploma olímpico, na modalidade masculina (cun tempo de 29 minutos e 37 segundos) e Edymar Brea, que acadou un tempo de 33 minutos e 54 segundos, na categoría feminina.

O material compartido inclúe un interesante e completo vídeo de EME Sports e máis unha sección específica con todos os álbums de fotos de todas as edicións para ver, descargar e compartir.

Ademais de compartirse este vídeo e estas fotos, o Concello adianta que a seguinte edición, a 2025, celebrarase na fin de semana do 20 (a cita da rapazada) e 21 de decembro (a carreira absoluta).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.