A Pobra continúa agasallando en formato de caramiñas polo Nadal

30 Decembro 2024

Unha semana máis fíxose entrega das caramiñas correspondentes coa iniciativa dirixida ás redes sociais no seo da campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas.

Esta campaña consiste no sorteo diario de 200 euros en formato de vale/caramiñas para trocar no comercio local, ademais do premio final da viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa local CONGALSA.

A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal repetiu esta acción polo Nadal, como ben explica a edil Amparo Cerecedo, co obxectivo de “dinamizar A nosa localidade a nivel social e económico nunhas datas tan significativas”.

Para participar é preciso sacar fotos nos photocall coñecidos como recunchos do Nadal situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na praza de abastos.

Estas instantáneas compartiranse no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @caraminhasnapobra.

En caso de que as persoas potencialmente participantes teñan perfil privado, haberá que facer o mesmo proceso e, a maiores, enviar unha captura de pantalla da historia á dita conta da rede social para que así se contabilice para o sorteo.

Disponse ata o día 31 de decembro para optar ás caramiñas, mentres que ata o día 5 de xaneiro existe a posibilidade de gañar a viaxe a Eurodisney entre tódalas imaxes captadas dende o inicio da campaña.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.