O Concello de Porto do Son fortalece a súa liña de asesoramento e atención a persoas inmigrantes

10 Decembro 2024

O Concello de Porto do Son anunciou nesta recta final de ano que vai fortalecer a súa liña de traballo de atención ás persoas estranxeiras. Farao co seu novo Servizo de Asesoramento Xurídico para Persoas Inmigrantes, que ten o prazo de atención aberto até o 31 de decembro a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben contactando coa traballadora social de referencia a través do teléfono 981 867 414.

O obxectivo xeral que se persegue co presente servizo é “informar, asesorar e acompañar ás persoas estranxeiras sobre os trámites e normas relacionadas co regulamento da situación de residencia, co obxecto de favorecer a integración sociolaboral e garantir o acceso aos seus dereitos”.

Os obxectivos específicos son:

a) Realizar trámites precisos para regularizar a súa residencia neste país

b) Informar, asesorar e acompañar nos trámites relativos á homologación de documentación, títulos e/ou permisos.

c) Informar, asesorar e acompañar nos trámites de reagrupamentos familiares.

d) Ofrecer información e asesoramento legal en tódolos trámites que se deriven da súa condición de persoa estranxeira.

No Servizo de Asesoramento terán cabida todas as actividades dirixidas á consecucións dos obxectivos marcados no mesmo, polo que na atención directa á persoa inmigrante intervirase en procedementos tales como autorizacións de residencia e/ou traballo e residencia, autorizacións para traballar e/ou modificación de modalidade, solicitude e renovación de NIE, achegas de documentación, renovación de autorizacións, reagrupamentos familiares, autorizacións de retorno, trámites referidos á nacionalidade e xustiza gratuíta.

As persoas destinatarias serán seleccionadas tendo en conta como principal criterio que sexan persoas que pertenzan ao grupo de poboación inmigrante e teñan a consideración de colectivos vulnerábeis.

“Atendendo ao índice de poboación inmigrante co que a día de hoxe contamos no noso Concello, e a curva progresiva de aumento dos últimos anos, estimamos atender en todo o período que abrangue a subvención un total de 200 persoas agrupadas en 45 familias” sinalaron fontes do Departamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.